Vivendas de Promoción Pública (VPP)
Segundo o artigo 46 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, é vivenda protexida de promoción pública a que o Instituto Galego da Vivenda e Solo promova como tal ou á que lle outorgue esta cualificación e que cumpra os requisitos que se establezan regulamentariamente, e adxudicarase conforme a un procedemento regrado, normativamente establecido.
- VPP de segundas transmisións
-
Adxudicación de vivendas en segundas ou posteriores transmisións
O artigo 31 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, establece:
- Que as persoas interesadas en adquirir estas vivendas deberán estar inscritas no dito rexistro.
- Que o Instituto Galego da Vivenda e Solo ofertará as vivendas a través da súa páxina web, co fin de que as persoas interesadas en adquirilas manifesten o seu interese no prazo de 15 días desde a data de alta na web.
- Que entre os/as interesados/as realizarase un sorteo.
A páxina web na que se poden consultar as vivendas ofertadas é http://igvs.xunta.gal/permanenteSegundaTransmision.html, así mesmo na dita web atópase o modelo de solicitude para manifestar o interese na adquisición dunha determinada vivenda.
Documentos relacionados
- Resolucións e adxudicacións de vivenda
-
Ten dispoñibles para a consulta 1337 resolución/s
Paxinación
Normativas relacionadas
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2012). Decreto 253/2007 do 13 de decembro, de réxime xurÍdico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e o Solo (DOG nº 6 do 9 de xaneiro de 2008). Artigo 46 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia
Documentos relacionados
Táboa ingresos máximos para o acceso á vivedas de promoción pública
Ligazóns relacionadas
VI409B - Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública. VI409C - Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública. VI409D - Autorización de amortización anticipada parcial de vivenda protexida de promoción pública.