Rexistro de demandantes de vivienda protexida
O Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia créase polo Decreto 1/2010, de 8 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro).
Será público e único e de aplicación en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
O Rexistro de Demandantes de vivenda pretende ser un procedemento áxil e transparente para a adxudicación das vivendas, respectando a capacidade de elección dos solicitantes e garantindo a igualdade de posibilidades no acceso ás vivendas dos demandantes inscritos.
O Rexistro de Demandantes de vivenda pretende ser un instrumento válido e veraz para ter datos fiables sobre a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade, ao coñecer o número de demandantes existentes para cada réxime de vivenda.
Tramitación online de expedientes do rexistro único de demandantes de Galicia
- Quen pode inscribirse?
-
A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Deberán inscribirse nel todas as persoas que estean interesadas en acceder a vivendas protexidas e reúnan os requisitos de acceso para cada tipo de vivenda. Só se admitirá unha solicitude por unidade familiar ou de convivencia, independentemente de que estea composta por unha ou varias persoas.
O/a solicitante na súa inscrición deberá indicar:
- O tipo de vivenda ao cal opta:
O Rexistro consta de tres seccións diferenciadas:
SECCIÓN 1ª Vivendas de Protección Oficial de Promoción Pública promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
SECCIÓN 2ª Vivendas de Protección Oficial de Promoción Pública de Núcleos Rurais e Cascos Históricos.
SECCIÓN 3ª Vivendas Protexidas de Promoción Privada ou Pública promovidas por outros promotores públicos : réxime especial, xeral e concertado, e aloxamentos
protexidos.
- O réxime de adxudicación que sinale como preferente: compra, aluguer, ou aluguer con opción de compra.
- O concello: Poderase sinalar un máximo de tres concellos: un como preferente e dous máis como subsidiarios, que deben ser limítrofes co indicado como
preferente ou estar na mesma área de influencia. Para inscribirse como demandante de vivendas de protección oficial de promoción pública promovida polo IGVS,
(SECCIÓNS 1ª e 2ª) o concello será necesariamente o de residencia ou de traballo.
Se o/a solicitante reúne os requisitos para ser beneficiario/a de máis tipos de vivenda , poderá solicitar e, de ser o caso, poderán practicarse inscricións
complementarias. Estas terán a consideración de anotacións.
- O tipo de vivenda ao cal opta:
- Requisitos para acceder a unha vivenda da sección 1ª e 2ª
-
Os demandantes de vivenda protexida deben sinalar na súa solicitude se demandan unha vivenda de protección autonómica e/ou unha vivenda de promoción pública, así como unha serie de datos referentes á unidade familiar ou convivencial, en concreto os seguintes:
- Estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que o solicitante, ou calquera membro da unidade familiar ou de convivencia non sexa propietaria doutra vivenda, excepto nos casos de que resulte inadecuada ou insuficiente nos termos establecidos pola normativa reguladoras das vivendas de promoción pública.
- Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
- Ingresos dos/das adxudicatarios/as:
· Acreditar que os ingresos ponderados anuais correspondentes á unidade familiar se atopen entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM ver cantidades en ficha aparte.
· Ingresos inferiores a 0,7 do IPREM: no suposto de promocións de vivendas para ser adxudicadas en aluguer.
· Se non se superara o 1,5 veces o IPREM, será obrigatoria a adxudicación en réxime de arrendamento.
· Vivendas situadas en núcleos rurais ou barrio histórico: ingresos ponderados anuais entre 1 e 5,5 veces o IPREM.
Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares:
Para o cálculo dos ingresos súmanse as recadros 455 e 465 da última declaración do IRPF co prazo de presentación vencido.
Cadro de equivalencias IPREM / euros: ver ficha aparte.
Teñen que computarse os ingresos de tódolos membros da unidade familiar.
De nos presentarse declaración do IRPF pedirase certificado de imputación no que conste o importe íntegro menos gastos deducibles.
Nos supostos de prestacións públicas de carácter periódico será necesaria a súa acreditación a través de certificado expedido polo organismo correspondente.
- Requisitos para acceder a unha vivenda da sección 3ª
-
- Estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda suxeita a protección pública en España.
- Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por causas non imputables ao interesado ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma determinado segundo o Imposto de Transmisións Patrimoniais non exceda do 40% do prezo da vivenda que se pretende adquirir. Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:
· Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao cargo.
· Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
· Vítimas do terrorismo e mulleres vítimas de violencia de xénero.
· Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia. - Ingresos mínimos (0,7 IPREM). Ver cantidade equivalente en ficha aparte.
Ingresos máximos: Non superar os ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que se solicite (réxime especial 2,5 veces IPREM, réxime xeral 4,5 veces IPREM, e réxime concertado 6,5 veces IPREM).
Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares:
Para o cálculo dos ingresos súmanse as recadros 455 e 465 da última declaración do IRPF co prazo de presentación vencido.
Cadro de equivalencias IPREM / euros: ver ficha aparte.
Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbese un membro máis.
- Cómo podo inscribirme?
-
A inscrición no Rexistro deberá presentarse nas oficinas do Rexistro do IGVS das súas áreas provinciais ou nos seus servizos centrais, ou calquera rexistro ou oficinas previstos no artigo 38.4 da lei 30/92, do 26 de novembro. Así mesmo, poderá presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es
Poderanse inscribir no Rexistro as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que pretendan desenvolver unha actividade empresarial e estean interesadas en acceder a unha superficie de solo empresarial de promoción publica das actuacións propostas.
- Onde podo inscribirme?
-
A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Nas Áreas Provincias do Instituto Galego da Vivenda e Solo
A CORUÑA
Área Provincial do IGVS.
Praza de Luis Seoane, s/n 15008 A Coruña. T
eléfono de Información: 981 184 818
LUGO
Área Provincial do IGVS.
Avda. Ramón Ferreiro, 28 - 27002 Lugo.
Teléfono de Información : 982 294 628
PONTEVEDRA
Área Provincial do IGVS.
Rúa Alcalde Hevia,7 - 36071 Pontevedra.
Teléfono de Información: 986 805 610
OURENSE
Área Provincial do IGVS.
Rúa Sáenz Díez, 1 - 32003 Ourense
Teléfono de Información: 988 386 871
SERVIZOS CENTRAIS
Area Central, s/n Polígono de Fontiñas - 15781 Santiago de Compostela
Teléfonos de información: 981 541 981 - 981 541 982 - 981 957 529
- Cómo se adxudican as vivendas?
-
A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
A adxudicación de vivendas protexidas realizarase por sorteo entre as persoas inscritas e anotadas no rexistro para ese concello de preferencia, e no caso de non existir ou ser insuficientes, entre as persoas inscritas e anotadas no concello subsidiario.
a) ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL DE PROMOCIÓN PÚBLICA PROMOVIDAS POLO IGVS : SECCIÓNS 1ª e 2ª DO REXISTRO.
O proceso iníciase por resolución da Comisión Provincial de Vivenda que se publicará no taboleiro de anuncios do concello no que radiquen as vivendas, nos das Áreas Provinciais do IGVS e na súa páxina Web, indicando os datos esenciais da promoción e a data do sorteo.
Entre todos/as solicitantes que na data da resolución de inicio do procedemento estivesen inscritos/as ou anotados/as nas seccións 1ª e 2ª do rexistro realizarase o sorteo ante notario.
Publicarase a lista provisional de adxudicatarios/as e outra de espera pola orde que derive do sorteo polos mesmos medios indicados anteriormente. Poderanse presentar reclamacións durante o prazo de 10 días que deberán ser resoltas no prazo máximo de tres meses.
Realizados os trámites previstos, a Comisión Provincial de Vivenda aprobará e publicará a lista definitiva de adxudicatarios e de espera.
b) ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS PROTEXIDAS DE PROMOCIÓN PRIVADA OU DE PROMOCIÓN PÚBLICA PROMOVIDAS POR OUTROS PROMOTORES PÚBLICOS : SECCIÓN 3ª DO REXISTRO.
Obtida a cualificación provisional e licenza municipal e antes da definitiva o promotor solicitará o inicio do procedemento de selección que se anunciara nos taboleiros de anuncios da Área Provincial e do concello, na páxina web do IGVS e nun dos xornais de maior tiraxe indicando os datos esenciais da promoción.
Á vista dos datos sinalados, as persoas interesadas deberán formalizar a petición de inclusión no sorteo dentro do prazo máximo de quince días hábiles desde o día seguinte á publicación da apertura do procedemento de selección. No prazo de 15 días hábiles desde o remate do prazo publicarase a lista provisional de admitidos/as concedéndose un prazo de 7 días para as reclamacións. Resoltas as mesmas aprobarase a lista definitiva.
Realizarase entón o sorteo ante notario, publicándose na páxina web do IGVS a lista de adxudicatarios e reservas, onde se indicarán todos os trámites que se deberán seguir para perfeccionar o contrato.
- Baixa no rexistro
-
A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Son causa de baixa no rexistro, entre outras, as seguintes :
- Non acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos para acceder á vivenda no momento en que se teña que formalizar a adxudicación.
- Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegan ao rexistro.
- Ter renunciado á vivenda solicitada, salvo que a renuncia se debese a:
· Modificación sobrevida das circunstancias persoais que provoquen unha imposibilidade real de acceder á vivenda ou a inadecuación da vivenda ás novas circunstancias da unidade familiar ou de convivencia.
· Cando quede debidamente acreditada a imposibilidade de conseguir o financiamento das entidades de crédito para o pagamento da vivenda.
· A superficie insuficiente da vivenda ou resultase inadecuada por causa de mobilidade segundo o artigo 47 da Lei 18/2008.
- Excepcións á obriga de inscrición no rexistro
-
A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
As vivendas autopromovidas para uso propio, incluíndo as promovidas por comunidades de propietarios, cooperativas de vivenda ou asociacións legalmente constituídas.
As vivendas adquiridas nos supostos de permuta de solo por vivenda, sempre que as persoas beneficarias cumpran cos requisitos esixidos para o acceso á vivenda protexida.
Normativas relacionadas
Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autonoma de Galicia
Decreto 253/2007, do 13 de decembro
Documentos relacionados
Solicitude de inscrición no Rexistro Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autonoma de Galicia (Formato PDF)
Solicitude de renovación da inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autonoma de Galicia
Ligazóns relacionadas
Contactos relacionados
Área Provincial do IGVS - A Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 - A Coruña
Teléfono: 981 184 818
Área Provincial do IGVS - Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 - Lugo
Teléfono: 982 294 628